A ilusión do cambio!

Halftone Dotted Triangle

Espazo político

Somos a unión de Esquerda Unida, Podemos e persoas independentes provintes dos movementos sociais de Ponteareas.


A xente do común unímonos para facer fronte á necesaria transformación social, ecolóxica e económica do Concello de Ponteareas. Cremos que desde o municipalismo podemos traballar por mellorar a vida dos veciños e das veciñas. Por iso, sumamos a nosa forza para loitar polo cambio na forma de facer política en Ponteareas, dende a escoita e a participación cidadá, desexando ver unha vila que non deixa a ninguén atrás.

O vindeiro 28 de maio queremos obter o apoio necesario para ter capacidade de decisión no goberno local e poder construír unha vila máis xusta.


Ponteareas en común, a ilusión do cambio!

Halftone Dotted Triangle

Principais obxectivos do noso programa

Ser a garantía de esquerdas

Ponteareas en común é un espazo político coas ideas claras e traballadas en colectivo. Confiar en nós é garantir a loita continua pola xustiza social para todas as persoas da vila. Seremos a voz de todas as persoas de Ponteareas.

Ilusionar polo cambio

Se sempre se fan as cousas de xeito idéntico, o resultado sempre será o mesmo. A nosa forza promete, e ten a capacidade, de ofrecer novos xeitos para afrontar os retos de Ponteareas e resolver os problemas da vila. Vimos coa enerxía e a ilusión de traballar en común para construír vidas dignas e xustas.

Remunicipalización

A creación dunha empresa pública é fundamental para Ponteareas. Con este proxecto poderemos municipalizar os servizos esenciais como a auga, a axuda no fogar e a recollida de lixo. É fundamental coidar e garantir servizos públicos de calidade, gratuítos e universais.

Vivenda Pública

Imaxinas vivir de alugueiro ata os 35 anos con 100-150 euros ao mes? Con Ponteareas en Común será posible, non é unha utopía é unha necesidade. Apostamos pola creación de vivenda pública dende o concello como garantía de vida digna con plans específicos para a mocidade e a xente en situación económica vulnerable.

Conectar a vila coa natureza

Ser a garantía de esquerdas

Ponteareas en común ten a certeza que vivir en convivencia coa natureza é fundamental. Queremos recuperar a ribeira dos ríos Tea e Uma, erradicar as especies invasoras dos nosos montes e abrir a vila á natureza con proxectos urbanos verdes.

Aquí TEXTO PENDIENTE

Do corredor da morte ao camiño da esperanza

Ser a garantía de esquerdas

Cambiar o enfoque da xestión animal é fundamental. Dende Ponteareas en Común propoñemos un servizo de protetora municipal pública. Cada vez somos máis persoas ás que queremos convivir e dotar de dereitos aos animais.

Crear unha Comunidade Enerxética

Ser a ilusión do cambio

As enerxías renovables son fundamentais para construír futuro e loitar contra o cambio climático. O acceso á enerxia limpa non pode estar unicamente en mans de persoas que o poden permitir e o concello debe garantir a toda a cidadanía e empresas o seu acceso. Precisamos colocarnos ao nivel doutras vilas e cidades que xa teñen en marcha a súa propia Comunidade Enerxética.

Facer da política un espazo de participación

Ser a ilusión do cambio

Decía Julio Anguita, programa, programa e programa. Nós imos máis alá: PARTICIPACIÓN, PARTICIPACIÓN e PARTICIPACIÓN. Témolo claro, dende Ponteareas en Común, abriremos o concello á xente e participación democrática das veciñas e veciños é un eixo fundamental da nosa forma de entender a política.

Garantir a igualdade de xénero en Ponteareas

Ser a garantía de esquerdas

Os servizos de prevención de violencia de xénero deben funcionar con máis intensidade. Dende Ponteareas en Común melloraremos o funcionamento do CIM, garantizaremos o cumprimento do Plan de Igualdade do concello e poremos en marcha campañas de sensibilización.

Aquí TEXTO PENDIENTE

Ser a ilusión do cambio

Sentir as cores LGTBI

A nosa localidade debe ser un espazo aberto, diverso e alegre que defenda as orientacións e identidades sexuais de todas as persoas garantindo programas de prevención da LGTBIfobia. Educación, educación e educación. Conectaremos os centros escolares co goberno local para garantir unha vila libre de violencias.

Rural e casco urbano, Ponteareas é un todo

Ser a garantía de esquerdas

Ponteareas somos 24 parroquias. Dende Ponteareas en Común consideramos fundamental conectar o rural entre si e co casco urbano coa posta en marcha de servizos de mobilidade sostible que garantan os mesmos dereitos vivas onde vivas.

Nin unha persoa atrás!

Ser a ilusión do cambio

Ponteareas é unha vila cuns índices de pobreza e exclusión social moi elevados. Dende Ponteareas en Común temos claro que debemos construír unha vila que non deixa a ningunha persoa atrás e que traballa desde unha mirada de solidariedade e redución das desigualdades.

a ilusión

a ilusión

do cambio

do cambio

Halftone Dotted Triangle

Quen somos

nº1

MANOEL UCHA

Veciño de 32 anos, vivíu toda a infancia en Canedo e actualmente reside en Ribadetea. Activista social dende os 21 anos, estudou Enxeñería Forestal na UVigo e Educación Social na UNED, desenvolve a súa carreira profesional como profesor de FP na Escola Pública dende o ano 2016.

nº2

PATRICIA PARDO

Licenciada en Bioloxía, ex-traballadora do sector da teleoperación, milita en política dende moi nova. Patricia é unha muller comprometida coa xustiza social, cos dereitos das mulleres e das xentes traballadoras.

nº3

nº3

PILAR FERREIRO

Licenciada en dereito, especialista en estudos de xénero e profesora de Formación Profesional na escola pública.


Participa como independente coa ilusión de sumar toda a súa experiencia á política municipal.

nº4

LINO COSTAS

Coordinador local e membro da executiva nacional de Esquerda Unida, traballador do metal e incansable militante de esquerdas

Lino representa o bo facer en política sempre defendendo as causas xustas.

nº5

JONATHAN MARTÍNEZ

Albanel de profesión, activouse en política co 15m e na actualidade é enlace de coordinación de Podemos na nosa vila. Jonathan suma a súa capacidade ao ben común.

nº7

nº3

ANXO F. SABORIDO

Veciño de Angoares, licenciado en dereito pola UVigo, xestor cultural, presidente do grupo ecoloxista Adenco entre os anos 2000 e 2022, activista en numerosos movementos veciñais, educativos e ambientais e actualmente secretario da Federación Galega de Montañismo.

nº6

MELCA RUÍZ

Activista social, profesora de física e química na escola pública e militante de esquerdas comprometida cos dereitos dos animais, da igualdade entre mulleres e homes e na loita contra a exclusión social.

nº8

VANESA M. BOENTE

Natural de Xinzo, traballadora na xestión de residuos e educadora social de formación, participou en movementos sociais a prol da vivenda digna e leva dez anos como activista social colocando a súa formación ao servizo das persoas do común.

nº9

MARIO LAGO

Veciño de Pías, estudou FP no IES Pedra da Auga e traballa dende o ano 1999 na factoría de Estellantis (Citroën) en Vigo. Mario é militante de CCOO.

nº11

nº3

MATEO GÓMEZ

Veciño de Ponteareas de 22 anos, graduado en Física, cursa na actualidade un mestrado en Matemáticas na Universidade de Santiago. Mateo trae a enerxía, a ilusión e a capacidade de traballo das xentes mozas.

nº10

LUCÍA CANTALAPIEDRA

Veciña de Celeiros, leva anos comprometida cos dereitos sociais. Lucía é unha muller incombustible que suma o seu talento e capacidade de traballo ao ben común.

nº12

SAÍNZA GONZÁLEZ

Natural de Xinzo e veciña de Ribadetea, é docente de Xeografía e Historia na escola pública. Saínza leva desde os vinte anos participando de forma activa na loita contra as desigualdades nos movementos sociais de Ponteareas.

nº13

ANXO G. TEIXEIRA

Veciño de Arcos de 22 anos, titulado en FP Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva, estuda actualmente o FP Superior de Química e Saúde Ambiental. Anxo é defensor da vida no rural e está comprometido na loita contra o cambio climático.

nº15

nº3

ROSALÍA AREAL

Natural de Padróns, leva comprometida cos dereitos das persoas traballadoras dende moi nova. Traballadora da admnistración pública, leva loitando anos polos dereitos laborais, sociais e ambientais e poloa construción dunha vida máis xusta.

nº14

PUERTO URBIETA

Mestra de formación, leva anos participando de forma activa nos movementos sociais que loitan contra as desigualdades na nosa vila. Puerto é unha muller cunha gran bagaxe cultural e social que coloca todo o seu talento ao servizo do ben común.

nº16

BORJA RODRÍGUEZ

Enxeñeiro Químico, activista social, membro da coordinadora local de Esquerda Unida e experto en xestión do ciclo integral da auga. Borja suma o seu talento, compromiso e bofacer ao ben común.

nº17

LOURDES FERREIRO

nº9

Licenciada en Filosofía pola USC é profesora no IES Val do Tea de Ponteareas. Lourdes achega a capacidade de traballar en equipo, de sumar ideas e propostas para construír unha Ponteareas de xustiza social.

MARIO LAGO

nº18

ALBERTO LÓPEZ

nº10

Defensor dos dereitos das persoas traballadoras, milita de forma activa na loita sindical construíndo unha sociedade onde recortar as desigualdades para construír vidas dignas

nº19

nº3

SABELA RODRIGUES

Veciña de Canedo de 24 anos, na actualidade reside no casco urbano. Sabela é graduada en Belas Artes pola UVigo, xogadora de fútbol no San Mateo e leva anos comprometida cos dereitos culturais e de ocio digno.

nº20

MARÍA HIDALGO

Graduada en Enxeñería Química Industrial pola Universidade de Extremadura, estudou un Mestrado en Matemática Industrial na USC. María é militante de Esquerda Unida e está comprometida coa xustiza social, os dereitos das mulleres e os dereitos dos animais.

nº21

PABLO FERNÁNDEZ

Graduado en Química, desenvolveu a súa carreira como investigador no campo do desenvolvemento sostible e ordenación do territorio en Barcelona, Vila Real e actualmente na Universidade de Vigo. Pablo é un activista social a favor dos dereitos da clase traballadora.

SUPLENTES:

Jorge Otero

Señora Carmen

Chema Fernández

Catalina Méndez

Sabela S. Bautista

Eva Quesada

Alejandro Torres

Natalia Areal

Rubén del Río

Fernando Rodríguez

nº21

Consulta a lista completa aquí

séguenos!

Instagram Outline Logo
Flat Fill Twitter Icon
Blue Official Facebook Logo Social Media Icon

nº21

Consulta a lista completa aquí

séguenos!

Instagram Outline Logo
Flat Fill Twitter Icon
Blue Official Facebook Logo Social Media Icon

nº21

DEBATE ELECTORAL

Consulta a lista completa aquí

séguenos!

Instagram Outline Logo
Flat Fill Twitter Icon
Blue Official Facebook Logo Social Media Icon

Consulta a lista completa aquí

Contáctanos!

ponteareasencomun@gmail.com


+34 628 44 24 69

séguenos!

Instagram Outline Logo
Flat Fill Twitter Icon
Blue Official Facebook Logo Social Media Icon